Ingredientes:
·
500 gr. carne de vieira
·
100 gr. Porro
·
100 gr. cenoria
·
100 gr. Cabaciña (calabacín)
·
1 dente de allo
·
100 gr. setas
·
80 gr. manteiga
·
80 gr. fariña
·
½ litro leite
·
Sal, pementa, pemento doce, azafrán.
Comezamos cortando en xuliana fina todas as verduras.
Nunha tarteira fundimos a manteiga e nela refogamos o allo, o porro e a cenoria.
Pasados uns 5 minutos engadimos a cabaciña e as setas.
Unha vez ben pochadas as verduras incorporamos a carne
das vieiras cortadas en lascas e removemos ben coas verduras. Salpimentamos e
engadimos un toque de cor suave con media culler de pemento doce e unas febras
de azafrán
Agora toca darlle o toque final, engadir a fariña. Removemos
ata desfacela por completo e imos engadindo leite e removendo como se fora unha
bechamel ata conseguir a consistencia desexada.
Repartimos en cunchas de vieira, poñemos un pouco de
queixo relado na superficie e introducimos no forno a 190º C, ata que quede ben
gratinado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario